As Pontes enPEZAS 2019

R3Visual estivo un ano máis fotografiando e filmando As Pontes enPEZAS, un proxecto de transformación ambiental a través da participación veciñal e da arte pública promovido polo Concello de As Pontes.

As Pontes enPEZAS concíbese como unha iniciativa de dinamización social cuxo fin é o de transformar as rúas, as prazas e os parques da vila das Pontes, en espazos creativos nos que desfrutar de pezas de arte ao aire libre. Para logralo, se apoian tanto nas intervencións de artistas comprometidos coa realidade social e cultural das Pontes, como na implicación da poboación neste proceso de rexeneración. As Pontes enPEZAS busca relacións humanas baseadas na cooperación, na diversidade, a convivencia e a inclusión social, ao tempo que estimule habilidades artísticas e creativas na comunidade.

Share This

Copy Link to Clipboard

Copy